REFORMA DE PISO EN SANTIAGO



REFORMA DE PISO EN SANTIAGO

Santiago de Compostela

Promotor: privado

Proxecto: 2016

Fin de Obra: 2016



Transformar unha vivenda escura, con teitos baixos e pouco funcional nunha adaptada ás necesidades dos novos propietarios, onde amais dos requisitos funcionais, se buscaba dotar á vivenda de máis amplitude, rompendo os falsos teitos e aproveitando o espazo superior.

É así como cunha actuación sinxela e concreta se conseguiu pasar dun salón hermético e reducido a un amplo e luminoso. O aproveitamento dos recursos existentes, tales como a baldosa hidráulica e mailo parqué, constitúen os elementos máis distintivos en canto aos acabados.

Acondicionouse un espazo baixo cuberta, que serve como lugar de almacenaxe. A habitación principal gañou un aseo e o baño principal adiantouse ao corredor, para axudarnos a diferenciar un espazo de vestíbulo do que carecía a vivenda.

Aproveitouse mellor o espazo baixo o faldón máis tendido da cuberta, co gran oco do cuarto e coa distribución da cociña. Deste xeito, a vivenda convertiuse nun espazo máis amplo e diáfano, marcando en todo momento o paso do tempo a través do aproveitamento dos materiais antigos na proposta definitiva.