LOCAL SOCIAL DO RECHEO



REFORMA PARA LOCAL SOCIAL EN VILANOVA

Vilanova de Arousa

Promotor: público

Proxecto: 2017

Fin de Obra: -



Un local para estar. Un local que permite aos seus usuarios socializar á vez que dispoñen da posibilidade de facer actividades. Un local de reclamo para os maiores, de diversión e cultura. Un local referente en adaptabilidade e comodidade.

No centro de Vilanova de Arousa, sitúase o Local de Xubilados da vila. Este ofrecíase como unha cafetaría ríxida e pouco funcional onde os espazos tanto de estar como de almacenaxe se mesturaban e non se aproveitaban as instalacións dun xeito eficiente.

A proposta rentabiliza o espazo, convérteo nunha gran sala polivalente e adaptable ás necesidades de cada momento. Optimízanse e acóutanse os usos fixos nunha caixa central, que serve de núcleo, e na parte traseira, cega, aproveitándoa para almacenaxe. Todo o demáis se modula a través de tabiques móbiles.

A facilidade e a inmediatez para compartimentar fan do Local Social un lugar adaptable e multiusos, para dar cabida a diferentes actividades que os veciños de Vilanova poidan demandar.