GRANXA-ESCOLA MAR D’AROUSA



GRANXA-ESCOLA MARIÑEIRA

Vilanova de Arousa

Promotor: privado

Proxecto: 2016

Fin de Obra: -



A Granxa-Escola nace, coma todos os proxectos, dunha ilusión. Neste caso, da que lles permite aos seus promotores ampliar as actividades de educación e ocio vencellado co medioambiente que veñen realizando e organizar campamentos de verán para cativos no Terrón.

O noso obxectivo foi demostrarlles que é posible materializar esa ilusión, cun orzamento moi axustado e un método próximo á autoconstrución.

O resultado foron uns módulos de madeira, cómodos e prácticos para nenos e monitores que non só funcionaban como espazos de uso, senón que lle deron imaxe ao Proxecto da Granxa-Escola Mariñeira.