Arela Arquitectura é un estido adicado á arquitectura e ao urbanismo fundado por Roberto Lores, Marga González e Javier Otero en Vigo, en abril do 2015.

Entendemos a arquitectura e o urbanismo como resposta a unha necesidade, individual ou colectiva, que se materializa nun equilibrio formal e rigor construtivo.

Enfrentámonos a cada traballo con ilusión, intensidade e sinceridade.

Cremos no traballo en quipo e no contacto constante cos nosos clientes e coas consultoras profesionais. Esta sinerxia permítenos enfrontarnos a proxectos de diferentes escalas e tipoloxías.

Buscamos unha resposta exclusiva e diferenciada para cada traballo, involucrando ao cliente como parte fundamental do proceso arquitectónico, axeitando canda proceso ás súas necesidades, prazos e orzamento.

En outubro do 2015 asentámonos no centro de Vigo, pero seguimos a relizar a nosa actividade profesional en toda Galicia.

Equipo

ROBERTO LORES - Pontevedra / O Salnés

MARGA GONZÁLEZ- Vigo / Ourense

JAVIER OTERO- Santiago de Compostela / A Coruña

ALEJANDRO COSTAS- Vigo / Arousa



equipo arelaarquitectura

REDACCIÓN DE PROXECTOS


Redactamos proxectos de arquitectura para obra nova, reforma e rehabilitación, de vivendas unifamiliares, de edificios de equipamentos, para comunidades de veciños ou para locais comerciais.

Sabemos das dificultades e da cantidade de dúbidas que xorden á hora de enfrontarse a unah obra, polo que acompañamos aos nosos clientes en todo o proceso.

[Anteproxecto, Viabilidade Económica, Proxecto Básico, Proxecto de Execución, Permisos e Licenzas e Dirección de Obra]

Buscamos unha resposta exclusiva para cada traballo, sempre adaptada ás necesidades e ao presuposto dos nosos clientes.

DIRECCIÓN DE OBRA


Supervisamos o correcto desenvolvemento das obras nos seus distintos aspectos técnicos, estéticos, urbanísticos e económicos, sempre de acrodo coas definicións do Proxecto Técnico.

Controlamos o proceso da obra dende o seu comezo e resolvemos os posibles imprevistos que puideran xurdir durante a execución, en consenso co promotor dos traballos.

Redactamos e asinamos a documentación requerida para o Final de Obra.

SERVIZOS TÉCNICOS


O noso equipo formou parte e colaborou como asistencia técnica en distintos proxectos de edificación.

Ademais, elaboramos a seguinte documentación técnica:

- Informes de Avaliación de Edificios [IEE/ IAE]
- Certificados de Eficiencia Enerxética [CEE]
- Memorias de Actividade para a apertura de locais comerciais.
- Informes Técnicos
[de Estado de Actual, de Adecuación Urbanística, de Patoloxías,... ]

En ARELA ofrecemos os nosos coñecementos como arquitectos para asesorar tanto a comunidades de propietarios, como a empresas e particulares.

equipo arelaarquitectura

CONTACTO

Rúa Garcia Barbón 13, 1º Oficina 1, Vigo.

info@arelaarquitectura.com

Tel/ +34 692 80 37 09

+34 600 26 95 61

+34 680 21 58 41